Cambre celebra as patronais por todo o alto

0
393

cambre-2010-rock-in-cambre-cartelO Festival Rock in Cambre dá comezo ás actuacións musicais durante cinco días en Cambre

O Festival Rock in Cambre coa participación de tres bandas lideradas por BARÓN ROJO é a antesala das festas patronais de Cambre, que programan tres grandes verbenas e un concerto como principal reclamo.

Mañá terá lugar ás 22:30 o concerto de ROSA CEDRÓN e o día seguinte comezan as actuacións verbeneiras: as orquestras TRÉBOL (domingo, no que tamén haberá pregón a cargo do escritor Xabier P. DoCampo), ARMONÍA SHOW (luns) e LOS SATÉLITES (martes) serán as encargadas de amenizar as festas de Santa María. Tamén destaca a queima da fachada o último día, como vén sendo habitual. Todos os estilos musicais unidos nas festas cambresas que comezan xa co ROCK IN CAMBRE esta noite.

cambre-2010-festas-de-santa-maria-programa Clica na imaxe para ver a información a maior tamaño

Sen comentarios

Deixa unha resposta


*