O Santo Antón festeiro chega a Galicia

0
527

afiche-galilea-2009A orquestra Galilea toca hoxe no Castiñeiriño (Santiago) xunto coa Sintonía de Vigo

FESTAS DE SANTO ANTÓN EN O PARAÍSO (ORDES), O CASTIÑEIRIÑO E FONTIÑAS (SANTIAGO DE COMPOSTELA), ALBEIROS E O CASTIÑEIRO (LUGO), DEXO (OLEIROS), BACARIZA (RIANXO) E XALLAS (CEE)

A data de Santo Antón (13 de xuño) é moi celebrada en Galicia. Non hai máis que ver a multitude de propostas festivas para esta fin de semana pola nosa terra. Os programas que se presentan aquí son só unha pequena mostra do calendario festeiro para estes días:

En Santiago de Compostela hai dous barrios en festas: Fontiñas e Castiñeiriño. O programa de Santo Antón para este segundo barrio compostelán que está pasando de rural a urbano a velocidades de vértigo é o seguinte: Venres 12 actuarán as orquestras GALILEA e SINTONÍA DE VIGO. Sábado 13 a orquestra GRAN PARADA e o grupo CHASTON. Domingo 14 cerre de festas co grupo IRIS.

Non moi lonxe do Castiñeiriño, en Fontiñas, tamén hai festas patronais. O Concello levou a cabo un dispositivo de tráfico polo corte de varias rúas do barrio para a instalación das atraccións de feira.

Na parroquia do Paraíso, en Ordes, actúan hoxe venres a orquestra PARÍS DE NOIA e o grupo CICLÓN, unha das formacións musicais que xera máis controversia. A proposta de CICLÓN é diferente á da maioría de orquestras e grupos galegos, e a verdade é que non pasan desapercibidos a xulgar polo número de actuacións previstas. Pouco ten que ver cunha orquestra tradicional pero iso non quita para que sexa unha banda de calidade cun espectáculo diferente e un gran número de seguidores.

En Lugo, na pequena parroquia de Albeiros tamén están de festa. Mañá día 13 actúan ALIANZA e a orquestra POCEIRO e o domingo cerra ALIANZA.

Tamén en Lugo, pero esta vez na cidade, no barrio do Castiñeiro, está en plenas festas de Santo Antón. O día 11 actuou a orquestra VERSALLES, o 12 toca NOCHE DE ESTRELLAS, o 13 actuará a CASABLANCA e o día 14 cerra a celebración a orquestra ACORDES.

E en Rianxo andrán de festa estes días para celebrar o Santo Antón, concretamente na paroquia de Bacariza, onde o sábado 13 actuará o grupo ACUARELA e a orquestra PANORAMA presentará a súa xira “El gran musical. Tour 2009“. As celebracións seguen o domingo con varias actividades.

Rematamos este percorrido na parroquia de Xallas (Cee), onde a festa de Santo Antón será especial o sábado. Actuarán o grupo CICLÓN, a orquestra MARBELLA LIGHTS SHOW e a cantante ROCÍO CAAMAÑO, que actúa na súa terra. Por certo, a orquestra MARBELLA foi a encargada de comezar as festas de Santo Antón en Dexo, Oleiros, onte día 11.

E de seguirmos non dariamos acabado porque o San Antón, como está comprobado, é unha das datas máis celebradas en Galicia, xunto co Carme, o Apóstolo, a Nosa Señora ou o San Xoán que, por certo, está xa aí.

Sen comentarios

  1. Roxegarrr………..maña sabado ai outra festa nun barrio de Santiago, no barrio de A Gracia estara o Grupo Soprano. As festas grandes desta aldea son en setembro ( das que xa te informarei jejeje ) pero estas son as do San Antonio.

Deixa unha resposta


*