Vilanova ofrece unha gran gala musical

0
488

Orquesta Panorama - 2008 - Gala 20 Aniversario - 20081024 - 002

orquesta-cinema-2010-cartel

Orquesta Panorama - 2008 - Gala 20 Aniversario - 20081024 - 001

La Madre del Topo actúa hoxe en Vilanova de Arousa xunto con Las Nuevas Amistades Peligrosas, Jorge y Anabel, Tamara e a orquestra Cinema. O dúo de rumba catalá xa actuara coa orquestra Panorama na súa Gala do XX Aniversario, en 2008 (fotografías) / © fotos: roxegar 2008

A localidade de Vilanova ofrece esta noite (venres 13) unha gala con artistas coñecidos do panorama musical español. Dentro das celebracións destes días na vila mariñeira, destaca a Gala Musical, na súa segunda edición, organziada por Espectáculos Lito, e que levará a música de varios grupos e cantantes.

Co fin de dinamizar o turismo na zona, e por petición do Concello de Vilanova de Arousa, Deputación de Pontevedra e Xacobeo 2010, patrocinadores do evento musical, hoxe vai ter lugar na explanada portuaria de Vilanova a II Gala Musical. Coa orquestra CINEMA como madriña de festas, chegarán a Vilanova cantantes e grupos como LA MADRE DEL TOPO (dúo rumbeiro catalán que rescatarán esta noite o seu exitazo Mariposas), AMISTADES PELIGROSAS (con nova compoñente en substitución de Cristina del Valle; de feito o dúo liderado por Alberto Comesaña pasa a denominarse LAS NUEVAS AMISTADES PELIGROSAS, e mesmo poderán lembrarnos algún éxito do mítico grupo de Alberto SEMEN UP), Jorge e Anabel (ex OT, versionando a Eros Ramazotti) ou TAMARA (presentando o seu novo disco).

O éxito da primeira edición, hai exactamente un ano, fai que desde os organismos públicos, e co fin de dinamizadora turística, a gala se siga celebrando. Música de todos os estilos coa brisa do mar de Vilanova. Esta noite a orquestra CINEMA chega a terras arousás mellor acompañada que nunca.


Sen comentarios

Deixa unha resposta


*