O San Paio gáñalle ao San Xoán. Festas patronais da Estrada

0
483

escanear0004-copiaa-estrada-san-paio-2009-cartel-i1Podes clicar nas imaxes para ver a información a maior tamaño

PANORAMA E OLYMPUS ABREN HOXE O SAN PAIO. CERRA O DOMINGO A PARÍS DE NOIA

SUSANA SEIVANE, LA OREJA DE VAN GOGH, LA SONRISA DE JULIA, MÄGO DE OZ E MÁIS DE SETE BANDAS DURANTE A SEMANA NA ESTRADA

Aínda que a partir desta noite se celebra o San Xoán, tamén hoxe comezan as festas patronais da Estrada, o San Paio. O cartel preparado para este ano é de auténtico luxo: concertos de rock, pop e folk, e moitas das mellores orquestras de Galicia que pasarán pola localidade para gozar dunhas festas memorables.

boomerang-nas-festas-de-ribeiraO Boomerang nas festas do verán de Ribeira. Tamén estará na Estrada este ano / roxegar

A apertura non podería ser mellor: despois do pregón das Cantareiras de Ardebullo, que están arasando por toda Galicia e estarán ocupadas durante todo o verán -están anunciadas en multitude de festas, entre elas Mosteirón (Sada) ou Vilaboa (Culleredo) dentro dunhas semanas- abriran as festas dúas das orquestras máis seguidas de toda Galicia: PANORAMA e OLYMPUS.

O día 24 (mércores) estará dedicado ao folk cun concerto de SUSANA SEIVANE e outros grupos como REGATO DE MATAMULLERES, PÉ DE BOI e LINHO DO CUCO. A gaiteira de Cambre aproveitará para presentar o seu novo traballo discográfico.

O día 25 terá lugar un dos concertos máis esperados: LA OREJA DE VAN GOGH que levan como teloneiros a LA SONRISA DE JULIA.

O día 26 actuará o grupo THE BON SCOTT BAND en concerto con outras bandas como PANTS OFF, MUTAND SQUAD, ESQUÍOS e KAMBOTES.

O día 27 destaca a actuación de MÄGO de OZ e outros grupos.

Os días 26 e 27 tamén haberá orquestras como CINEMA ou GALILEA.

O día 27 terá lugar o Mercado xigante. E o 27 e 28 a Feira Medieval. Do cerre das festas encargarase a orquestra PARÍS DE NOIA o domingo e a última sesión de fogos de artificio será tamén ese día como broche de ouro dunhas celebracións de nivel, como xa vén sendo habitual.

viking-show-festas-o-burgo-2008Fotografía da atracción denominada Viking Show nas festas do Burgo 2008 (Culleredo). Esta atracción estará presente na Estrada / roxegar

Bono especial

As persoas que mercaron o bono de 30 € teñen dereito a aparcadoiro gratuíto todos os días da festa ademais de acceso aos concertos de pago (LA OREJA DE VAN GOGH e MÄGO DE OZ, que custan en tarifa normal 18€, cada un ou o de THE BON SCOTT BAND que vale 10 €). O bono tamén dá dereito a subir nas atraccións de feira todas as veces que se queira.

O recinto feiral inclúe a noria xigante Sánchez, o Viking Show e o Boomerang ademais doutras atraccións típicas como o Saltamontes, scalextric ou camas elásticas.

O bono non inclúe o acceso á pista de coches de choque de adultos.

Sen comentarios

  1. Olaa, nada era pa comentarche que os videos que colgaches nas ultimas horas da Panorama cando lle dou pa velos non me deixa dinme que son privados ou algo polo estilo. Poderias solucionalo?

Deixa unha resposta


*