En Cortegada seguen de festa

0
388

silleda-cortegada-2010-cartel

Despois da Festa da Paella, que onte chegou á súa décima edición, continúan as festas en Cortegada. Dúas son as orquestras, de primeira liña, que actuarán en terras de Silleda: PARÍS DE NOIA e FOLIADA. Repertorios moi variados e para todos os públicos, coreografías traballadas e boa posta en escena.

E na xornada do domingo, os de sempre; e dicimos os de sempre porque a agrupación local O ARCO DE MERZA actuará como todos os anos na xornada dominical. Nada mellor para cerrar as festas un ano máis que música da casa.

Non hai tempo para a resaca de onte en Cortegada; hoxe unha nova sesión festeira con música de calidade. A partir do luns agardaremos pola XI edición da festa gastronómica de máis sona da comarca.

orquesta-paris-de-noia-2010-cartelAs orquestras París de Noia e Foliada son as encargadas das festas en Cortegada esta noite de sábado

orquesta-foliada-2010-cartel1

Sen comentarios

Deixa unha resposta


*