Chega a famosa romaría de san Fins do Castro

0
384

cabana-s-fins-do-castro-2010-cartelA romaría de San Fins do Castro, declarada de Interese Turístico, terá lugar dentro dunhas horas cos tradicionais xantares e música de orquestra

No concello bergantiñán de Cabana, cada primeiro de agosto están de festa; é a romaría de San Fins do Castro, en Cesullas, unha das de máis tradición en toda a comarca de Bergantiños e incluso de Soneira e Costa da Morte.

Os festeiros chegan desde as bisbarras veciñas para pasar un día de festa de campo ao estilo máis tradicional: xantares campestres, música de gaitas e bailes de orquestra.

Para esta edición cóntase coa actuación de catro agrupacións musicais de Alfa3. A orquestra MARIMBA e o grupo D’MODA para a celebración da romaría; e as orquestras ISLA e JUAN MALLO da Coruña para a festa patronal do luns. En San Fins, un ano máis, romaría con verbena por todo o alto.

Sen comentarios

Deixa unha resposta


*