Loito no campo da festa

0
340

ana-kiroA popular cantante e presentadora Ana Kiro morreu hoxe aos 68 anos / Foto: FDV / LOC/ EFE

Víase vir porque ultimamente estaba moi maliña, pero non por anunciadas as cousas deixan de ser tráxicas. Hoxe Ana Kiro morreu aos 68 anos na súa casa de Mera (Oleiros). O mundo da música lixeira en galego, da verbena, da farándula e da televisión está de loito. Déixanos unha das grandes figuras que fixo historia, principalmente, na nosa música, na galega.

Gustos musicais á parte, non se pode negar que Ana Kiro é un dos principais referentes da nosa música popular. A ela, como a outros poucos, débeselle a difusión da música en galego fóra das nosas fronteiras, mesmo en América foi quen de meter a 25.000 persoas nun concerto cantando en… galego! Tamén foi unha figura rompedora na súa época e traballou arreo pola dignificación da profesión.

As cifras do seu traballo son asombrosas: milleiros de actuacións por festas e romarías ata o ano 1999 e a publicación de 32 LPs. Tamén hai que destacar a súa faceta de presentadora e mesmo os seus escarceos como actriz nunha serie de televisión.

Pero o máis importante foi, sen dúbida, que cun estilo musical moi marcado, “folclorada” para algúns, “música da terra” para outros, achegou o país a moitos galegos na emigración, apostou por cantar nunha lingua cando moi poucos, coma ela, se atreveron (estoume a referir a FUXAN OS VENTOS, por exemplo) e non se lle pode negar a “boa onda” que sempre tiña co seu público.

Sigo pensando que os estilos de música non son excluíntes, que a un lle pode gustar unha boa peza de rock, o tema máis comercial do momento, unha ópera e tamén a proposta de Ana Kiro, por que non? E aínda non sendo así, a bandeira da promoción musical galega en tempos difíciles e da dignificación do músico de verbena non lla vai quitar ninguén porque é dela por méritos propios.

Hoxe o mundo da verbena está de rigoroso loito. Pérdese unha figura importante e senlleira no campo da festa.

Sen comentarios

  1. Grande Aniña!!!

    Arrastrache-lo cu polas pallas
    E fiseche-la cama no chan
    E mollache-la berberechiña
    Que a tiñas sequiña do vran(2bis)
    Arrastrache-lo cu polas pallas
    Efiseche-la cama no chan

    Miña nai e mais meu pai quedan na casa dormindo(bis)
    Non sei que lle fai meu pai
    quela quedabase rindo(bis)

    Arrastrache-lo cu polas pallas
    E fiseche-la cama no chan
    E mollache-la berberechiña
    Que a tiñas sequiña do vran(2bis)
    Arrastrache-lo cu polas pallas
    Efiseche-la cama no chan

    A muller do meu irman esta bailando na eira (bis)
    Meu irman esta mirando
    Como a muller se meneira(bis)

    Arrastrache-lo cu polas pallas
    E fiseche-la cama no chan
    E mollache-la berberechiña
    Que a tiñas sequiña do vran(2bis)
    Arrastrache-lo cu polas pallas
    Efiseche-la cama no chan

Deixa unha resposta


*