A XXXVIII edición da Festa do Viño de Barro trae multitude de actividades para esta fin de semana e, como non podía ser doutro xeito, o viño e a música ocupan un lugar salientable no programa.
O cartel combina a música da terra con grupos como SON DAS TABERNAS ou NOITE FECHADA, a actuación de ESTEBAN BATALLÁN acompañado pola Banda Xuvenil de Barro, e as orquestras PASSARELA, LA FÓRMULA, RITMO JOVEN e NEVADA.
Xuntanza de motos clásicas, cata de viños, actuación de charangas e eventos deportivos completan o programa de Barro, unha das celebracións máis importantes do Concello, que chega á súa 37 edición.