Cea, capital mundial da verbena

0
895

FESTIVAL INTERNACIONAL DE ORQUESTRAS DE GALICIA; CEA, 03, 04 E 05 SETEMBRO 2010

Orquesta Philadelphia 2009 0004 Festa da Luz.JPG

A orquestra Philadelphia abrirá o Festival Internacional de Orquestras xunto cos Melódicos de Venezuela e a Roy Pacy & Aretuska

Parece un titular pomposo pero nada máis lonxe da realidade. Co gallo do Xacobeo, presentouse hoxe por parte da Consellería de Cultura o Festival Internacional de Orquestras de Galicia que terá lugar os días 03, 04 e 05 de setembro na localidade ourensá de Cea.

Este evento pretende ser “unha fascinante fusión entre tradición e modernidade a través dun evento de alcance internacional”. No Festival estarán presentes orquestras de todos os recantos do mundo; por suposto as galegas terán un lugar destacado e estarán presentes PHILADELPHIA, OLYMPUS e a SINTONÍA DE VIGO.

E, como non, orquestras base da historia orquesteira mundial como LOS MELÓDICOS e os BILLO’S CARACAS BOYS tamén actuarán en Cea, e outras formacións do Senegal, Sicilia ou Canarias (EL COMBO DOMINICANO e ARMONÍA SHOW).

Pero non só haberá música en Cea eses tres días: mercadillo, macroexposición sobre orquestras de baile en Galicia, charla coloquio sobre músicos de aquí e de acolá, historia das verbenas en Galicia ou a gravación dun documental para a venda e a emisión en TVG.

As orquestras de baile son un fenómeno musical que está completamente enraizado na nosa terra e se atopan esparexidas por todos os seus recantos, creando un rico mosaico de música e cultura eminentemente popular.

Haberá en Cea un grande espazo dedicado e acondicionado para a acampada, con todos os servizos necesarios para este tipo de festivais.

Desde Festa a Festa cremos que sería unha boa oportunidade de ver a grandes orquestras internacionais actuando xuntas nun evento único. Desde logo faremos todo o posible para asistir polo menos algún dos tres días.

Orquesta Olympus - 2010 - 0054 - Parada (Ordes)

A orquestra Olympus cerrará cerrará cos Diplomáticos o Acordeón, El Combo Dominicano e a Hypnotic Brass Emsemble de Chicago o Festival. En total pasarán por Cea 11 formacións musicais

Sen comentarios

Deixa unha resposta


*