San Cristovo e San Bieito traen a festa a Galicia

0
472

Hoxe día 10 de xullo é o día de San Cristovo, patrón dos coches, condutores e en especial do gremio dos taxistas. Despois vén o San Bieito, e entre os dous fan que as festas populares se espallen por toda a xeografía galega. Moitas son as localidades que honran a estes santos en forma de celebracións relixiosas e festas populares. Algunhas, como Negreira, xa comezaron as festas antonte, aínda que a maioría principiaron onte venres as celebracións, para aproveitar así toda a fin de semana.

Aquí ofrecemos algúns programas de festas para estes días:

BAIO (ZAS)

zas-baio-san-cristovo-2010-cartelCartel publicado en Parrandeiros na Costa da Morte (Facebook). As orquestras Montes e Panorama cerran mañá o San Cristovo en Baio

GOLMAR (A LARACHA)

a-laracha-golmar-2010-festas-cartel1As festas de San Bieito en Golmar, A Laracha, rematan o martes con Aramio e Los Satélites

MOSTEIRÓN (SADA)

sada-mosteiron-2010-cartelHoxe en Mosteirón, Sada, a música das orquestras Ipanema e Atlanta

NEGREIRA

DÍA 08: NUEVA GENERACIÓN e OLYMPUS

DÍA 09: LIMÓN e PARÍS DE NOIA

DÍA 10: CABARET e MONTES

orquesta-montes-2010-cartelCabaret e a orquestra naronesa Montes serán as encargadas de cerrar hoxe as festas de San Cristovo en Negreira

O EIXO (SANTIAGO)

DÍA 10: FOLIADA e VERSALLES

DÍA 11: NUEVA GENERACIÓN e CINEMA

DÍA 12: GRAN PARADA e COSTA OESTE

orquesta-foliada-2010-cartelAs orquestras coruñesas Foliada e Versalles abren as festas de San Cristovo no Eixo, Santiago de Compostela. Seis potentes orquestras para tres días de celebracións

RIOTORTO

riotorto-2010-san-cristovo-cartelA orquestra Armonía Show continúa hoxe coa súa nova xira 2010. Despois de Mosteirón, chega hoxe a Riotorto acompañada polo grupo Midas. A paella xigante, a concentración de 4×4 e as verbenas son o máis destacado do cartel de San Cristovo nesta localidade luguesa

SERGUDE – RODEIRO – BOQUEIXÓN

ROMARÍA DE SAN BIEITO

SÁBADO DÍA 10: LA GRAN ORQUESTA SANTIAGO e TRÉBOL

DOMINGO DÍA 11: DÚA DAS BANDAS, DO POLBO, DO VIÑO E DO VERMÚ

BANDA REQUINTEIROS DE ULLA E BANDA DE ARCA

ORQUESTRA ARMONÍA SHOW

orquesta-armonia-show-2010-cartel-dianteira1O venres en Mosteirón (Sada), o sábado en Riotorto e o domingo cerrando en Sergude – Rodeiro (Boqueixón), a orquestra Armonía Show chega con forza este 2010

Sen comentarios

Deixa unha resposta


*