Festa solidaria tamén en Bueu

0
426

orquesta-tambo-2009-cartelA orquestra Tambo actuará gratis esta noite en Bueu para recadar fondos para Haití

Outra cita solidaria con Haití; esta vez en Bueu co espectáculo da orquestra TAMBO a partir das 21:00 horas.

Xa está todo preparado no aparcadoiro do Centro Social do Mar de Bueu para acoller a gran festa que levará a cabo a orquestra TAMBO para conseguir fondos con destino a Haití. Da man da formación musical, que ofrecerá tres horas de boa música, van o Concello de Bueu e numerosas empresas e comerciantes que doaron regalos para sortear entre os asistentes. A orquestra é a promotora da gala e, igual que as que actuarán no Grove á mesma hora e as que o fixeron en Cambre hai 15 días, actuará de forma gratuíta.

Ao contrario que no Grove, aquí a entrada é gratuíta e a recadación farase mediante a venda de rifas para ter opción aos regalos que se sortearán, que superan os 1.000 euros de valor. Os boletos pódense adquirir xa na praza de abastos e na libraría Miranda de Bueu ou no recinto da festa.

Tamén haberá postos de venda de comida (mexillóns e filloas) e bebida a prezos populares. A doazón será para Médicos Sin fronteras.

Outra oportunidade de lecer e solidariedade co pobo de Haití. Non será que non hai opcións…

Sen comentarios

Deixa unha resposta


*