I Festa da Xuventude de Barro

0
375

barro-i-festa-da-xuventude-2009-cartelE no concello pontevedrés de Barro continúan de festas. Esta fin de semana celébrase a I Festa da Xuventude, no mesmo campo que as celebracións da semana pasada, o San Breixo de Barro. Unha festa máis, esperemos que a partir de agora todos os anos, a ter en conta no noso calendario verbeneiro.

O programa de dous días festivos conta con tres grandes orquestras: PANORAMA e PHILADELPHIA (venres) e SINTONÍA DE VIGO (sábado). A esta última acompañaraa o grupo ALKAR de Portonovo.

Vanse acabando as festas patronais e gastronómicas e agora empezaremos a asistir, sobre todo a comezos da vindeira temporada (especialmente desde marzo ata maio) a todo un programa de festas da xuventude ao longo e ancho de toda a xeografía galega.

Xa hai confirmadas varias delas, en marzo a famosísima Festa da Xuventude de Lestedo (Boqueixón); en abril a I Festa da Xuventude de Aguiño (Ribeira) ou a de Oza (Teo) das cales daremos cumprida información no seu momento.

Moito ánimo á comisión de Festas da Xuventude de Barro polo seu traballo e disposición a organizar unhas novas festas sobre todo nos tempos que corren.

Sen comentarios

Deixa unha resposta


*