Vilaboa: cada ano máis

0
238

culleredo-vilaboa-2010-cartelCinco grandes verbenas para as festas de Vilaboa 2010, no concello coruñés de Culleredo, na entrada da cidade

Chegan xa as festas de Vilaboa. Non confundir co concello pontevedrés, estamos a falar da localidade de Culleredo, situada na entrada da Coruña entrando pola estrada de Santiago.

Cinco días de troula precedidos, coma sempre, por unha semana cultural chea de actividades. As festas de Vilaboa cada ano van a máis e xunto coas do Burgo (na semana do 24 de xullo) son as máis importantes do concello de Culleredo e ás que máis xente acode da área metropolitana.

O programa é bastante ambicioso e non se para só na música, que por certo é de primeira liña. O grupo MARCA abre o venres as celebracións, LA BÁMBOLA segue o sábado, MARBELLA o domingo, OLYMPUS o luns e o martes, para cerrar, por segundo ano consecutivo, a orquestra PANORAMA.

Os fogos artificiais en Vilaboa tamén son de calidade e son responsabilidade da pirotecnia Rocha de Soñeiro (Sada), todo un referente neste tipo de produtos.

Unha vez máis a explanada deportiva do lateral da igrexa de Vilaboa vai quedar pequena para acoller as grandes orquestras programadas para 2010. E é que as de Vilaboa cada ano van a máis…

PROGRAMA COMPLETO VILABOA 2010 (CULLEREDO)

VENRES 9 DE XULLO

– 9:00 Bombas de palenque que darán inicio ás festas

– 23:00 Primeira verbena a cargo da orquestra MARCA

– 24:00 Lectura do pregón

SÁBADO 10 DE XULLO

– 9:00 Dianas e alboradas

– 13:00 Misa solemne

– 14:30 Sesión vermú a cargo da orquestra LA BÁMBOLA

– 17:30 Exhibición de Scalextric

– 18:00 Concentración moteira e paseo polo Concello

– 20:00 Exhibición moteira a cargo de Carretillo Stun

– 23:00 Segunda verbena a cargo da orquestra LA BÁMBOLA

DOMINGO 11 DE XULLO

– 9:00 Dianas e alboradas

– 13:00 Misa solemne

– 14:30 Sesión vermú a cargo dun grupo musical

– 19:00 Memorial Juan Barreiro e Carlos Lorenzo entre os equipos OLÍMPICO – LARÍN no campo do Olímpico

– 23:00 Terceira verbena a cargo da orquestra MARBELLA

LUNS 12 DE XULLO

– 13:00 Misa solemne na igrexa de Castro-Laxe

– 23:00 Cuarta verbena a cargo da orquestra OLYMPUS. No descanso actuación das Cantareiras de Ardebullo

MARTES 13 DE XULLO

– 19:00 Gran churrascada (coa colaboración da Peña Anduriña)

– 23:00 Quinta e última verbena a cargo da orquestra PANORAMA. No descanso gran sesión de fogos de artificio a cargo da pirotecnia Rocha

Na páxina www.salirdefiestas.com podes atopar información sobre algunhas festas

Sen comentarios

Deixa unha resposta


*