O pan de Cea está de festa

0
384

cea-festa-do-pan-2010-cartel-2O cartel da Festa do Pan de Cea foi confeccionado por J. Valcárcel

Temos en Galicia o mellor pan que se pode facer. Diso dá fe calquera persoa que o probe: o de Carral, o de Carballo, ou o de Cea. Este último é o principal reclamo para unha festa gastronómica que ten lugar durante o día de hoxe.

Se o de Carral xa tivo hai aproximadamente mes e medio a súa exaltación, hoxe chégalle a vez ao de Cea. No concello ourensán teñen hoxe a súa festa do pan.

Lugar famoso, tamén, polas súas festas da Saleta, no mes de setembro. Na xornada de hoxe oiranse tamén ritmos de orquestra para amenizar a gran degustación que terá lugar. É que os nosos mellores produtos teñen que ser promocionados e esta é unha boa forma de facelo. Durante todo o día de hoxe, ritmos festeiros en Cea co produto que mellor sona lle pode dar á zona: o pan.

Para coñecer máis sobre a festa pódese visitar a páxina web do Concello, onde se colgarán fotos da celebración e se pode mirar a revista da festa, entre outras moitas cousas. Unha web para a Festa do Pan de Cea das máis completas sobre este tipo de celebracións.

cea-festa-do-pan-2010-cartel

Sen comentarios

Deixa unha resposta


*