Dúas xornadas festivas con chocolatada incluída

0
205

Orquesta Olympus - 2010 - 0085 - Ribeira

Orquesta Palladium - 2010 - 057 - Vilalonga

As orquestras Olympus (primeira foto) e Palladium (segunda) amenizarán esta noite as festas de Chaín (Ponte Caldelas) / © Fotos: roxegar 2010

En Chaín (Ponte Caldelas) poderán gozar de dúas xornadas de festa nas que primará a boa música e como guinda un agasallo gastronómico.

Dúas potentes orquestras como son PALLADIUM e OLYMPUS amenizarán a gran verbena de hoxe. Poucas datas festeiras lles quedan a cada unha delas xa que a de Negreira, por exemplo, cerra temporada o día 31 de outubro.

Mañá será a quenda de 3.COM e ALBORADAS. E para despedir as festas deste ano, despois da verbena, chocolatada con rosca para todos os asistentes. Non hai mellor xeito para rematar o baile que unha boa chocolatada para asentar o corpo despois do baile.

trio-3com-2010-cartel1O trío musical 3.COM cerrará as celebracións mañá domingo en Chaín

Sen comentarios

Deixa unha resposta


*