Á segunda vai a vencida; a cuarta edición do festival solidario “Música por alimentos” que se ía celebrar o pasado día 17 como cada ano na parroquia de Curro, no concello pontevedrés de Barro, e tivo que suspenderse polas condicións climatolóxicas, chega este vindeiro día 24 de abril con catro formacións musicais de renome.

Barro 2016 - Gala Solidaria Música por alimentos en Barro - cartel

 

A partir das 17.30 comezará a gala, que nesta edición contará coa participación de catro formacións musicais de primeira liña: o coñecido grupo LA RICURA e tres formacións de verbena, LA FÓRMULA, D’MODA e LA NUEVA PHILA.

A gala solidaria, consolidada xa no calendario festivo, ten como principal misión recoller alimentos non perecedoiros que despois son destinados ás familias máis necesitadas. Para iso, cada persoa que queira acceder ao recinto festivo ten que doar un quilo ou un litro de alimentos.

LA FÓRMULA está presentando os seus novos espectáculos e repertorios, mentres que LA NUEVA PHILA se presenta ao público co reto de colocarse entre as primeiras formacións orquestrais de Galicia, pois é unha formación de nova creación pero cun plantel de músicos e cantantes moi recoñecidos na verbena galega; pola súa banda o grupo D’MODA sempre sorprende polo seu tipo de espectáculo en cada temporada. LA RICURA, para rematar, seguirá arrasando coa súa música pegadiza e os seus temas de creación propia.

La Fórmula 2016 - orquestra - cartel

Ademais da música e do baile, tamén haberá instalado no recinto un pequeno parque infantil “Infantilandia” para garantir tamén a diversión dos máis pequenos.

Se queres pasar unha tarde-noite de diversión e baile non o dubides, a túa cita está e Curro (Barro) o próximo día 24 de abril.

Sen comentarios

Deixa unha resposta


*