Dorneda: máis variedade ca nun restaurante

0
504

Dorneda

Comezan hoxe as festas de Dorneda, no concello de Oleiros. O cartel está deseñado para tres días de celebracións e chama a atención un aspecto que non ten nada que ver coas orquestras: a variedade gastronómica das tres xornadas festivas.

Hoxe venres terá lugar unha sardiñada e a primeira actuación: a orquestra PHILADELPHIA será a encargada de abrir as verbenas en Dorneda. Mañá sábado levarase a cabo unha churrascada e a actuación da orquestra coruñesa FOLIADA, que trae á localidade oleirense o seu novo espectáculo. E para rematar, o domingo, na sesión vermú haberá unha degustación de callos e xa pola noite nova cita gastronómica, esta vez cos mexillóns e mais coa orquestra XENTE NOVA, que poñerá o punto final a estas concorridas festas.

Así que pode vostede elixir: sardiñas, churrasco e callos, e se queda con fame, aínda pode tomar uns mexillóns.

Sen comentarios

Deixa unha resposta


*