Santa Cruz remata a súa semana con festas

0
420

Oleiros - Santa Cruz 2010 - cartel elaboración propia

A localidade de Santa Cruz, en Oleiros, un dos núcleos máis turísticos do concello, remata a súa Semana Cultural coas festas anuais. Cinco días de verbena que comezaron xa onte coa agrupación BAMBÚ e rematarán o martes cunha gran sesión de fogos artificiais e a actuación da orquestra coruñesa ALARMA.

Pasarán polo parque de Santa Cruz: MONTES de Narón (esta noite), FOLIADA da Coruña (para a verbena do domingo) e ARMONÍA SHOW de Canarias (o luns). Non hai mellor xeito de rematar unha semana chea de actos culturais e como colofón a unha tempada na que xa os veciños puideron gozar de diversas actuacións musicais como BERROGÜETTO dentro do ALFAROLEIROS 2010 que tivo lugar hai unha semana.

Sen comentarios

Deixa unha resposta


*