A localidade ceense de Xallas celebra esta fin de semana as súas festas patronais por todo o alto, como vén sendo habitual.

Cee 2016 - Festas de Santo Antón de Xallas - cartel

Para a celebración cóntase como sempre coa orquestra OLYMPUS; a formación musical de Negreira é unha fixa no cartel de Xallas, acompañada doutra orquestra ou grupo, desta volta nada menos que a portuguesa FUNÇAO PUBLIKA, o que converte a cita festeira desta noite na máis grande para os veciños e visitantes.

FUNÇAO PUBLIKA chegará co seu despregue de luz e cun vistoso espectáculo que abarca todo tipo de música, desde os éxitos festeiros dos últimos anos a temas pop e rock dos anos 80 e 90. Pola súa banda, OLYMPUS leva un completísimo repertorio executado cunha dianteira de 6 compoñentes onde destacan as novas incorporacións femininas e a de Fernando Hernández (ex Palladium, ex Sintonía de Vigo 2015), coñecidísimo polo seu espectáculo de Michael Jackson, e onde continúan os incombustibles Peke e Danni ademais da exitosa fichaxe do ano pasado, Javi Mota.

As festas rematan mañá cunha impresionante traca de pólvora, a actuación en sesión vermú do dúo ROSAN e xogos e actividades infantís pola tarde.

Sen comentarios

Deixa unha resposta


*