Rubén de Lis: da orquestra a un proxecto propio

0
239

ruben-de-lis-web-2010Portada da nova páxina web persoal de Rubén de Lis

Rubén de Lis, ex guitarrista da orquestra viguesa TANGO, xa ten proxecto en solitario. O músico presentará en breve o seu primeiro traballo discográfico Nada es imposible na sala Esencia de Barcelona o vindeiro venres 22.

Aos trece anos comeza a historia musical do vigués Rubén de Lis, estudando piano e harmonía. Continúa despois en Madrid cos seus estudos de guitarra. Á parte de traballar na orquestra TANGO, Rubén tamén colaborou en gravacións de discos para María Montana ou o grupo LIMÓN; e outras formacións non de verbena como Astarot, Chill out Celta, Pablo Álvaro, Dekins ou Trasgo.

Para coñecer máis sobre a faceta persoal e profesional de Rubén de Lis, acaba de abrirse unha web persoal con diversos apartados como biografía, vídeos, fotografías, calendario de actuacións ou incluso libro de visitas; que se irán renovando pouco a pouco para intentar estar o máis actualizados posible. E tamén desde a páxina web estará dispoñible o traballo discográfico despois da presentación en Barcelona.

Coa presentación do novo disco deste compositor, guitarrista e cantante, comeza unha nova etapa profesional para Rubén de Lis e desde Festa a Festa desexámoslle moita sorte na súa nova andaina.

Páxina web de Rubén de Lis: www.rubendelis.com

Sen comentarios

Deixa unha resposta


*