Os Rosales, unha festa con Solera

0
441

Festas dos Rosales (A Coruña) 2007Fotografía da Praza Elíptica dos Rosales en festas. O grupo América S.L. dispoñíase a montar o seu escenario. Nesta edición actuará a orquestra Solera /© fotografía roxegar 2007

Teño en festas o meu barrio, Os Rosales, na Coruña, e por terceiro ano consecutivo non vou poder estar alí. A distancia non fai que me esqueza cada ano das celebracións dos meus veciños. Aínda que desta vez acordei algo tarde porque as actividades xa empezaron esta pasada fin de semana.

A crise nótase nestas festas, que presentan nesta edición un programa máis reducido, polo menos no que se refire ás verbenas. Está programada unha única actuación de orquestra para o sábado, será a SOLERA a que amenizará as festas patronais dun dos barrios máis atractivos para vivir na Coruña. E dígoo por experiencia… boas festas veciños!!!

PROGRAMA FESTIVO DESDE O MÉRCORES DÍA 2

MÉRCORES DÍA 2

17.00 h. Taller de “cocinillas” (Infantil de 6 a 12 anos).

17.30 h. II Edición do Concurso de Tartas e Doces. (Cociña do C. Cívico).

XOVES DÍA 3

16.30 h. Concurso infantil de chistes “Échate unas risas”

VENRES DÍA 4

17.30 h. Exhibición da actividade de Taekwondo.

17.30 h. Actividades cos Bombeiros e a Policía Municipal.

18.00 h. Exhibición da actividade de baile infantil.

SÁBADO DÍA 5

10.00 h. Torneo de baloncesto e Os Rosales en bici.

11.00 h. Actividades e xogos cos scouts.

17.00 h. Obradoiro de reciclaxe.

22.30 h. Verbena a cargo da orquestra SOLERA.

Sen comentarios

Deixa unha resposta


*