Festa bicolor en Ordes

0
434

ordes-parada-2010-festa-da-xuventude-cartelEn Parada presentan as orquestras Aché e Olympus os seus novos escenarios e espectáculos

E non nos referimos ás dúas cores principais coas que se confeccionou o cartel anunciador da Festa da Xuventude de Parada, que vai xa pola edición número 6, senón ás que levarán os seguidores das dúas formacións musicais que animarán este ano a celebración popular.

A cor característica de OLYMPUS, o vermello, e a que diferencia a ACHÉ, o lila, serán as predominantes na festa que terá lugar un ano máis na parroquia ordense. E con novidades importantes. As dúas orquestras presentarán o groso dos novos espectáculos para 2010. A de Negreira estrea oficialmente mañá en Parada o novo repertorio e o escenario no que se levará a cabo a “historia musical” que ofrecerá a orquestra.

Por que, tal como informamos en Festa a Festa, o espectáculo de OLYMPUS para o primeiro pase enmárcase dentro dunha historia con personaxes que van ofrecendo as cancións segundo vai transcorrendo a historia enmarcada dentro do espectáculo titulado Al final del Camino.

Manuel é un pai desesperado que decide facer o Camiño de Santiago para ofrecerse pola súa filla Lucía, que está ingresada no hospital con moi poucas posibilidades de vida a causa dunha grave enfermidade. A nena, de só cinco anos, pídelle un último desexo: como seguidora de OLYMPUS quere ter un recordo ou algo persoal de cada un dos compoñentes da orquestra. O final, por suposto, é todo un segredo.

Pola súa banda a orquestra ACHÉ tamén estreará o novo e esperado escenario. Grazas a esta estrea, a formación musical poderá ofrecer novos temas dentro do seu repertorio xa que contará cun palco acondicionado para poder levar a cabo o repertorio deseñado para este ano. De feito xa en Parada, a orquestra de Karmen e Mon ofrecerá unha intro nova baseada en audiovisuais e varios temas que formarán parte do repertorio final que ofrecerá a orquestra en breve dentro da súa xira Celebra la vida.

Escenarios novos, espectáculos novos, bailes novos… os alicientes necesarios para “celebrar a vida ao final do camiño”.

Sen comentarios

Deixa unha resposta


*