En Sigüeiro non paran! Se hai escasas semanas tiñan a súa Festa da Xuventude, agora tócalle á non menos famosa Festa da Troita, que trae un impresionante cartel musical, coma sempre, con algunhas das mellores formacións do momento: PARÍS DE NOIA, PANORAMA, EL COMBO DOMINICANO, FANIA BLANCO SHOW, ATENAS, METRÓPOLIS…
Exposicións, campionato de pesca, degustación gratuíta de troitas nos locais colaboradores e na alameda de Gois, xogos en familia, pregón, atraccións de feira… conforman un programa festivo en torno á troita que fai ao Concello de Oroso un dos municipios que promove este produto en Galicia cunha festa gastronómica.
Ao longo de todos estes anos a proposta musical foi conformando o que hoxe se coñece como FESTIVAL OROSO EN VIVO, que ofrece a actuación das orquestras máis mediáticas do momento. Por iso son asiduas a este evento formacións como París de Noia, Panorama, Marbella Lights Show, Olympus, El Combo Dominicano… que fan da Festa da Troita un evento musical para non perder.