Fin de Ano en Negreira

0
350

Orquesta Costa Oeste 2008As orquestras Costa Oeste (na foto dous integrantes) e Panorama serán as encargadas da festa de Negreira

Non, hoxe non é o día dos inocentes. A cousa vai en serio. Con campás, uvas da sorte, cotillón e incluso a presenza de Belén Esteban… en Negreira celebran Fin de Ano por todo o alto, non falta nin a orquestra. Dúas a falta dunha.

As orquestras COSTA OESTE e PANORAMA aterran cos seus espectáculos hoxe en Negreira. A curiosa iniciativa, que non é nova deste ano, consiste en celebrar a fin de ano como se do 31 de decembro se tratase. Haberá uvas á 1:00 da mañá, cotillón, gominolas da sorte, etc… É imprescindible achegarse á praza do Concello vestidos de etiqueta.

A música comezará xa ás 23:00 horas e interromperase dúas horas despois para conectar coa Porta do Sol de Madrid. Todo tal cal o día propio de fin de ano. Polo tempo que vai ninguén diría que non estamos a cambiar de ano…

Sen comentarios

Deixa unha resposta


*