Festa a Festa en Vieiros

0
496

festa-a-festa-en-vieiros-20100217

Hoxe nun dos portais de noticias máis importantes de Galicia houbo un oco para Festa a Festa. Se visitas a páxina de Vieiros podes ver a nova na que se fala deste blog e das súas principais características.

1.- Festa a Festa é unha bitácora dedicada ás orquestras e festas de Galicia realizada por un afeccionado de maneira altruísta.

2.- Festa a Festa ten como soporte habitual a lingua galega, principal sinal de identidade do noso país.

Desde Festa a Festa quero agradecerlles publicamente aos responsables da noticia e do medio a súa dedicación e darlles tamén os meus parabéns por ofrecernos unha canle de información contrastada, rigorosa e enmarcada na nosa vida cotiá.

Noticia sobre Festa a Festa en Vieiros

Sen comentarios

Deixa unha resposta


*