Variedade musical nas festas de Monte Xalo

0
330

carral-monte-xalo-2009-cartelMonte Xalo ofrece unha nova edición das súas festas. Hoxe venres comeza a Romería Ecuestre de Monte Xalo coa actuación de dúas agrupacións musicais de sona: a orquestra VERSALLES e o grupo CICLÓN.

A orquestra coruñesa VERSALLES ofrece un repertorio moi variado no que prima a música de baile sen esquecer temas de pop actual e ritmos latinos. Pola súa banda o grupo CICLÓN tamén ofrece esa mesma variedade, con música de todos os estilos no primeiro pase e un rotundo segundo pase cheo de música dedicada á xente máis nova con temas de rock, pop ou hip hop, algúns dos cales dificilmente se poden atopar no repertorio doutras orquestras ou grupos.

Pero a festa non remata aquí e continúa ata o domingo. O sábado é a vez do solista XILO e música de discoteca da man da discomóbil EXTREME. Un dúo poñerá a música do domingo.

Outras actividades destacadas son a parte gastronómica das festas, na que todos os días haberá exaltación: venres e domingo churrascada, o sábado, sardiñada. E por se faltase algo incluso haberá un streeptease para maiores de idade ás catro da madrugada do sábado.

Todo está preparado para a festa en Monte Xalo.

Agradecemos a Isidoro García que nos enviase o cartel das festas.

Sen comentarios

Deixa unha resposta


*