Chega o San Brais

2
626

orquesta-abanico-2009-cartel1Cartel 2009 da orquestra Abanico. A orquestra rianxeira actúa no Sar (Santiago de Compostela) no día de San Brais

MÉRCORES 3 .- SAR – SANTIAGO DE COMPOSTELA: ORQUESTRA ABANICO

Aínda que a maioría das celebracións do San Brais serán a vindeira fin de semana, no Sar (Santiago de Compostela) celebrarán no día propio a festa con música de primeira categoría: a orquestra ABANICO de Rianxo será a encargada de amenizar a verbena.

Mañá mércores, polo tanto, os amantes da festa teñen unha cita en Sar coa orquestra rianxeira que presenta as súas novas incorporacións. A máis soada de todas elas é a da cantante Eva Iglesias, procedente da orquestra MARBELLA, pero hai máis fichaxes nesta formación musical.

Os de ABANICO están a preparar o novo tour a conciencia e entre as novidades podemos destacar un novo repertorio moi bailable, sen perder a esencia da orquestra traballada desde 2002, e todo o que conlevan os cambios de compoñentes na orquestra: actualización da páxina web e presentación do novo cartel no que xa está a traballar a dirección da orquestra.

O cartel que presenta a entrada no blog corresponde a 2009, a falta de que se remate o de 2010. Nel podemos ver as anteriores cantantes de ABANICO, Estefanía e Cristina, que xa están integradas nas súas novas formacións: SUAVECITO ORQUESTA e GRUPO LIMÓN respectivamente. O novo cartel da formación musical rianxeira coas fichaxes 2010 estará exposto en Festa a Festa en canto o presente a orquestra… mentres tanto, a bailar con ABANICO!!!

2 comentarios

  1. ABANICO, a bandeira de Rianxo e diría de todo o Barbanza, pois nada alí hai máis de destacar, até teñen un nome inventado: Arousa Norte

  2. Marcos, non te metas en terreo perigoso que estás a falar cun ribeirense de adopción. Que bebiches onte? Como podes dicir que en Rianxo non hai nada máis destacable? Sen menosprezar a orquestra ABANICO, hai moitas outras cousas que destacar. Acaso as paisaxes rianxeiras non son do melloriño de Galicia, e as súas rúas cheas de historia e de encanto? E que me dis da praia do Vilar en Ribeira? Cabío? As tapas do Facho na Pobra? O restaurante Castelo con vistas ao mar, tamén na Pobra? O paseo de Coroso en Ribeira? Por non falar de Corrubedo, a Curota, a lonxa de Ribeira ás 2 da mañá, mil e un locais de marcha desde Rianxo ata Porto do Son, e Xuño, viches unha posta de sol desde alí? E Cabo da Cruz, en Boiro? A praia da Corna en Palmeira? E xa non falemos das festas, as mellores de toda Galicia, e se por orquestras é tamén tes a COSTA OESTE e a GRAN PARADA entre outras. O Barbanza tamén é berce de moitos escritores como Castelao, Manuel Antonio, Valle, Dieste e así poderiamos seguir horas e horas… Creo que non quixeches dicir o que dixeches ou ben non estás moi posto neste anaco da nosa terra. Para os rianxeiros o paraíso existe; chámase Rianxo. E por extensión todos os barbanzanos, incluídos os adoptados. Saúdos!!!

Deixa una resposta a roxegar Cancelar resposta


*