Atopar as catro diferenzas

0
437

orquesta-cinema-2010-cartel

Cartel da orquestra Cinema 2010

Igual que se fose un pasatempos dun xornal. Se collemos o cartel da orquestra CINEMA 2009 e o da nova temporada podemos xogar a atopar as catro diferenzas. É no único en que se distinguen, nas catro novas incorporacións para 2010.

Non é a primeira vez que CINEMA publica un cartel realizando cambios mínimos sobre o da temporada anterior. Non hai máis que ver o da temporada en que estaba de cantante a gran Pepi Rama e o do ano seguinte no que pasou a ocupar o seu lugar Genma Lareo. Os carteis con todos os músicos sobre un gran vinilo e os cantantes sentados no centro son idénticos, só cambia a vocalista. Agora acontece o mesmo. O cartel de 2010 é o da temporada pasada só que cos cambios pertinentes: Vanessa Fernández, Noelia Solleiro, José dos Santos e Willian Pozo. Esta última incorporación aínda se fará efectiva durante este mes; abandona Nandi Kasza e entra William no trombón. Pola súa parte José dos Santos entra no lugar de Jorge Luis Sandoval.

A gran novidade en CINEMA, con todo, é a volta de Vanessa Fernández, aínda que a cantante chega a unha formación musical moi diferente da que deixou hai xa varios anos. E é que hoxe chega a unha orquestra montada sobre aquel pequeno grupo chamado CINEMA do que ela saíu de vocalista para a PARÍS DE NOIA. Agora procede do grupo JOCKER, no cal houbo tamén un importante cambio de compoñentes.

Pola súa banda a outra nova cantante, Noelia, procede de CHICAS SHOW despois de concursar no programa Son de Estrelas. As dúas ocupan os lugares de Pili Gómez (que abandona por embarazo) e Jessica Santín (que pasou a formar parte da orquestra PARÍS DE NOIA). A nova CINEMA xa está de ruta.

orquesta-cinema-2009-cartelCartel da orquestra Cinema 2009

Sen comentarios

Deixa unha resposta


*