En Sobrado dos Monxes non andan con bromas

0
338

orquesta-marbella-lights-show-2009-cartelTres grandes formacións orquestrais para a noite do sábado en Sobrado dos Monxes: Ciclón, Philadelphia e Marbella Lights Show. Un cartel de luxo

As festas de Sobrado dos Monxes comezan hoxe cun cartel realmente impresionante. Sete orquestras e grupos moi coñecidos pasarán polo campo da festa para amenizar tres días de verbenas de primeira calidade.

VENRES 18

Dúas formacións de referencia serán as encargadas de comezar as festas: no apartado de orquestras a PARÍS DE NOIA e no apartado de grupos, AMÉRICA. Dúas grandes formacións musicais que non precisan máis presentación que o seu traballo ben feito.

SÁBADO 19

O sábado é día importante en Sobrado dos Monxes; formacións musicais poñerán a música para a verbena que se prolongará ata altas horas da madrugada. E non son tres formacións calquera, PHILADELPHIA e MARBELLA no apartado de orquestras e CICLÓN no apartado de grupos musicais. Tres referencias importantes no mundo verbeneiro galego.

DOMINGO 20

Rematan as festas da man de JERUSALÉN e FANIA BLANCO SHOW, outras dúas orquestras moi coñecidas nos campos de festa galegos.

Sen comentarios

Deixa unha resposta


*