Máis solidariedade con Haití

0
386

as-neves-2010-taboexa-con-haiti-cartelE con esta xa van cinco, e aínda quedan máis. Estamos a falar das galas benéficas para recadar fondos para Haití. Despois das de Cambre, O Grove e Bueu, e o concerto solidario de Pontevedra con varios grupos, chega mañá unha nova cita coa solidariedade: Taboexa con Haití, no concello das Neves.

Cinco serán as orquestras que traballarán de balde, pertencentes todas elas a Alfa3. Nesta ocasión: JUAN MALLO, PLAYER’S, SUAVECITO ORQUESTA (que repite experiencia despois de estar na anterior festa do Grove), AMISTAD de Vigo (grupo totalmente renovado para a nova temporada) e PANORÁMICA.

As entradas custan 3 euros e o que se consiga vai todo destinado aos damnificados polos terremotos de Haití.

Unha nova cita coa solidariedade por parte do mundo das orquestras que, ao final, se está movendo moito con este tema. E non acaba aquí; xa hai convocada unha nova cita da que informaremos o vindeiro luns. Mentres tanto podemos gozar da boa música e achegar a nosa axuda co pobo de Haití, mañá en Taboexa (As Neves).

Sen comentarios

Deixa unha resposta


*