Carrés 2010: chicharróns, filloas e música de primeira

0
348

orquesta-marbella-2010-cartel

A orquestra Marbella actuará en Carres o vindeiro sábado

A parroquia de Carrés, no concello de Cesuras, está de festas. E xunto coa boa música de tres orquestras e algunha que outra proposta musical máis, a gastronomía en forma de chicharróns e filloas.

Para ir adiantándonos ao Entroido que está preto, chicharróns e filloas na noite do venres 22. Para sermos exactos, chicharróns, rixós, rexóns, rexós ou algunha variante máis que poida haber pola zona para denominar este típico produto galego. A música correrá a cargo da orquestra COSTA OESTE, coas súas novas fichaxes, entre elas Noelio (ex PANORAMA) e DUNIA (ex MARIMBA).

O sábado máis música; desta volta a orquestra pontevedresa MARBELLA e o seu novo elenco de profesionais, do que xa informamos en Festa a Festa, e do que salientamos a nova dianteira: Irene (ex PANORAMA), Krystie (ex SUAVECITO ORQUESTA) e Xurxo (ex CUNTER’S). A sesión vermú correrá a cargo do grupo JJ Y SON.

O domingo, última xornada festiva, da man da orquestra coruñesa CIBELES tanto na sesión vermú como na derradeira verbena nocturna.

No campo da festa haberá instalada unha gran carpa climatizada para facerlle fronte ao tempo, que se prevé un pouco revolto.

Sen comentarios

Deixa unha resposta


*