Presentación oficial de Aché 2010

0
453

orquesta-ache-2010-presentacionO próximo sábado será a presentación oficial do tour 2010 da orquestra Aché que leva por título Celebra la vida. Tamén está prevista a primeira quedada da nova temporada

A orquestra ACHÉ comeza forte 2010. O próximo sábado día 02 de xaneiro, a formación musical presenta o que será o seu espectáculo para as festas de inverno e as salas de festas. Aínda que a orquestra de Mon e Karmen xa comezou o tour 2010 con algunhas datas en decembro, será a partir do sábado cando se dará o forte da temporada de inverno.

O Club de Amigos da orquestra ACHÉ organiza a primeira quedada de 2010 cun programa cheo de sorpresas, ademais de presentar oficialmente a nova xira de ACHÉ, Celebra la vida.

A partir das 23:00 horas proxectarase o vídeo “Así se hizo el afiche de Celebra la vida. A continuación haberá sinaturas de material da orquestra por parte dos compoñentes. Tamén durante a celebración se coñecerán os nomes dos gañadores dos tres concursos que se levan a cabo na web de ACHÉ.

E por se fose pouco, coas entradas e as consumicións repartiranse boletos para sortear premios como: tres ceas con compopentes da orquestra, unha camiseta de Lucky coa que sae na revista Acherízate, a garavata de Mero 2009, un exemplar a papel do número deste mes da revista dixital, catro camisetas asinadas por todos os compoñentes da orquestra, etc… A organización convida aos asistentes a vestir prendas de cor lila, o máximo distintivo da orquestra.

A festa está preparada para o día 2 de xaneiro na sala Dona Dana de Touro. Unha forma inmellorable de comezar o ano festeiro… En 2010 acherízate!!!

Sen comentarios

Deixa unha resposta


*