Romaría de San Simón, en Baión (Vilanova de Arousa)

0
378

sintonia-de-vigo-2009-cartelAs orquestras Sintonía de Vigo e Pontevedra abren as celebracións de San Simón en Baión (Vilanova de Arousa)

Outro ano máis chegamos ás datas nas que ten lugar unha das romarías máis multitudinarias da provincia de Pontevedra: o San Simón en Baión, no concello de Vilanova de Arousa. Para a ocasión a comisión de festas contratou a seis grandes orquestras da axencia de espectáculos Lito S.L.: SINTONÍA DE VIGO, PONTEVEDRA, CHARLESTON BIG BAND, GRAN PARADA, ABANICO e PANORAMA.

As festas comezan o venres coa actuación da charanga Apeles, e ás 13:00 horas celébrase a primeira das misas na honra de San Simón. Xa pola noite a verbena correrá a cargo de Sintonía das orquestras SINTONÍA DE VIGO e PONTEVEDRA.

O sábado, a animación matinal corre a cargo de dous grupos de música tradicional de Godos (Caldas de Reis), Os Encantiños do Umia e Maquía Gaiteiros. A verbena corre a cargo das orquestras GRAN PARADA e CHARLESTON BIG BAND.

O día grande da festa é o domingo, día 25. A misa dedicada a San Simón é ás 13:00 horas, e cántaa o coro xuvenil da asociación O Castro de Baión. Ao remate comeza un concerto da banda de música Unión de Lantaño, e pola noite terá lugar a última das verbenas, na que actúan as orquestras ABANICO e PANORAMA.

Haberá ao longo da estrada postos de comida, bebida, artesanía, etc, como cada ano, polo que convén circular con precaución pola estrada que vai de Vilagarcía de Arousa a Pontevedra ao seu paso pola capela de San Simón.

ROMARÍA DE SAN SIMÓN, BAIÓN (VILANOVA DE AROUSA)

Venres 23

SINTONÍA DE VIGO e PONTEVEDRA

Sábado 24

CHARLESTON BIG BAND e GRAN PARADA

Domingo 25

ABANICO e PANORAMA

cartel-orquesta-pontevedra-2009Venres 23: SINTONÍA DE VIGO e PONTEVEDRA

charleston-big-band-cartel-20092Sábado 24: CHARLESTON BIG BAND e GRAN PARADA

finalorquesta-panorama-2009-cartelDomingo 25: PANORAMA e ABANICO

orquesta-abanico-2009-cartel

Sen comentarios

Deixa unha resposta


*