A Pascua de Padrón xa ten páxina web

0
187

padron-pascua-promo-paxina-web1

A Pascua de Padrón xa está presente na rede. A través dunha páxina web administrada por mocidade da localidade, unha das mellores festas de Galicia será promocionada a través de Internet.

A Pascua de Padrón é a primeira gran feira de Galicia e abre a temporada para as grandes atraccións de feira. Durante máis dunha semana pódese gozar de verbenas, feiras, mercado, concertos e múltiples actividades festivas.

Ofrecemos aquí a información facilitada polos administradores da páxina. Agardamos que este sitio axude a publicitar aínda máis as famosas festas de Padrón. Festa a Festa xa ten cita para acudir a Padrón pola Pascua.

PÁXINA WEB SOBRE A PASCUA DE PADRÓN

Baixo a administración duns rapaces de Padrón e na dirección http://www.pascuadepadron.es.tl a Pascua de Padrón xa conta cun lugar de encontro para todos os seus asiduos. A páxina permite que todos os seus visitantes deixen as súas opinións e comentarios en dous apartados o “Libro de visitas” e o apartado “Opinións”. A páxina tamén conta cunha galería fotográfica na que todos e todas poden colaborar enviando as súas imaxes  ao seguinte enderezo electrónico pascuadepadron@hotmail.com.

Enquisas, vídeos, noticias, novidades de última hora, e información de edicións anteriores das famosas festas ocupan os demais apartados da web, algúns destes últimos comezarán a estar activos cando aparezan as primeiras novidades da Pascua 2010.

Con este website preténdese ademais de lles dar máis importancia a unhas das festas máis emblemáticas do panorama galego,  informar o concello de que actividades se lle deberían engadir ao programa festeiro para que as celebracións non decaian nin perdan asiduos.

Ademais, a partir de agora, a Pascua tamén contará cun espazo na importante rede social Tuenti, co mesmo motivo que a web.

Esperamos que pouco a pouco se vaian sumando máis e máis persoas a esta iniciativa.

Sen comentarios

Deixa unha resposta


*