A actuación da despedida

0
349

orquesta-olympus-2009-imaxe-de-cartel

Esta foi a orquestra Olympus 2009. En decembro a formación musical volve con seis cambios no plantel. Hoxe toca festa de despedida

Hoxe é un gran día para a orquestra OLYMPUS de Negreira. A banda levará a cabo unha actuación na sala de festas Dona Dana de Touro para cerrar a temporada 2009, aínda que a última verbena será o vindeiro 31 en Xove, Lugo, e tamén para despedir a seis dos seus compañeiros.

Por parte da orquestra anúncianse seis novas incorporacións que ocuparán os lugares dos músicos que abandonan: Non seguirán en OLYMPUS Lucky (voz principal), Mero (teclados) -os dous formarán parte da orquestra ACHÉ-, Felipe (saxo) -entrará na orquestra PANORAMA-, Fernando (trompeta) -formará parte do grupo TRIUNFO, no que haberá unha renovación case total-, Carlos (guitarra) e Dennis (baixo).

E as vacacións serán curtas porque en decembro OLYMPUS volve forte. O mes de novembro será de descanso pero tamén hai que poñer en marcha novos proxectos, repertorio, etc… Atrás quedan 215 datas de 2009, máis incluso que en 2008 e en plena crise económica.

Hoxe a actuación será especial, con sorpresas, sinatura de discos, presentación do novo CD e a despedida dos compañeiros que collen novos rumbos. Sorte para todos!!!

Se queres información sobre o CONCERTO FIN DE TEMPORADA DE OLYMPUS consulta a entrada publicada en Festa a Festa o luns 19. Atoparás todos os detalles do evento e a liña de buses (noitebús) desde a comarca de Santiago.

Sen comentarios

Deixa unha resposta


*