A París de novo no escenario

0
151

Orquesta París de Noia - Festa da Xuventude de Oza-Teo (A Coruña) - 2009 - 001

Fotografía do escenario de París de Noia ao comezo da xira 2009. A orquestra comeza xa a nova temporada

A orquestra PARÍS DE NOIA está a piques de rematar as súas vacacións e comezar o que será unha nova temporada.

Desde a orquestra confírmannos que a nova xira comeza o día 4 de decembro e que tamén neses días se abrirá a nova páxina web da orquestra (entre o 1 e o 5 de decembro). Tamén nos confirman que Ruth Núñez é a única baixa en PARÍS DE NOIA, lugar que ocupará Jessica Santín, vocalista de CINEMA, aínda que este cambio será só temporal e afectará a toda a temporada 2010. En principio, en 2011 Ruth volvería ao escenario da PARÍS.

E aínda que a páxina web non está operativa, en Festa a Festa temos as datas de PARÍS DE NOIA para o vindeiro mes de decembro. O día 4 a orquestra noiesa comeza a escribir un novo capítulo na súa historia: a nova temporada 2010 que traerá, deseguro, moitas sorpresas, música e espectáculo.

DECEMBRO 2010 PARÍS DE NOIA

04 RESTAURANTE O PARAGUAS – CARRAL – A CORUÑA
05 S.F. RIOMAR-PRAIA SAMIL-VIGO – PONTEVEDRA
06 S.F. HEXAGONO – LUGO – ALTERNANDO COA ORQUESTRA PHILADELPHIA
07 BALDAIO-CARBALLO-A CORUÑA
08 S.F. PAULINO – O CARBALLIÑO – OURENSE – ALTERNANDO COA ORQUESTRA PANORAMA
11 PRAZA AMBOAGE – FERROL – A CORUÑA – ALTERNANDO COA ORQUESTRA PANORAMA
12 S.F. DONA-DANA – TOURO – A CORUÑA
13 DISCOTECA EL GLOBO – BETANZOS – A CORUÑA
18 CRESPOS – PADRENDA – OURENSE
19 S.F. LA LUNA – BARRO – PONTEVEDRA
20 S. F. ZEUS – PONTEDEUME – A CORUÑA
25 PTE LUGAR ACTUACION
26 S.F. LP 45 – ORDES – A CORUÑA
27 S.F. MAMI – A MANCHICA – OURENSE
31 S.F. CHANTECLAIR – PONTECESURES – VALGA – PONTEVEDRA

Sen comentarios

Deixa unha resposta


*