A todoterreo Maythe Leiva, fichaxe estrela do grupo D’Moda

0
898

Orquesta Panorama - 2010 - 0113 - Vilagarcía (Guillán)

Maythe Leiva é a nova cantante feminina do grupo D’Moda para 2011 / © Fotos: roxegar 2010

Faltan uns minutos para as seis da tarde de hoxe, 15 de decembro. Un día marcado no calendario de Maythe Leiva nunha cor especial. Hoxe ábrese a súa nova páxina web como comezo dunha nova etapa profesional da cantante. En www.maytheleiva.com poderemos estar ao día da traxectoria profesional da andaluza que chegou en 2010 a Galicia para “descansar” e acabou na dianteira da orquestra PANORAMA.

Agora, a 15 días de rematar a Xira do Xacobeo da afamada formación musical, podemos comunicar o novo destino de Maythe, o grupo D’MODA. Sen dúbida unha fichaxe estrela para unha banda que se quixo caracterizar desde o seu nacemento por ofrecer algo máis que música. Desde logo Leiva colle esta nova andaina con ilusión e tamén como un reto persoal, e na dirección do grupo saben que con Maythe Leiva haberá algo máis que música no escenario.

Orquesta Panorama - 2010 - 0087 - Vilagarcía (Guillán)

Orquesta Panorama - 2010 - 0039 - Presentación Xira do Xacobeo - 20100219

Orquesta Panorama - 2010 - 0111 - Vilagarcía (Guillán)

Orquesta Panorama - 2010 - 0092 - Vilagarcía (Guillán)

Sen comentarios

Deixa unha resposta


*