Aché e Olympus: man a man en Rianxo

0
403

Festeir@s - 2010- 00050 - Parada (Ordes)

Seguidores de Aché con Frank, compoñente da orquestra / © fotografía roxegar 2010

A orquestra de Peke volve encontrarse coa de Mon, ou o que é o mesmo, OLYMPUS e ACHÉ volven coincidir. Esta vez en terras rianxeiras, Bacariza, o vindeiro sábado 19.

Dúas formacións musicais que acaban de estrear os novos espectáculos para a temporada 2010 (ACHÉ vai introducindo novidades pouco a pouco segundo van preparando os novos temas para a súa xira Celebra la vida; OLYMPUS xa ofrece o seu espectáculo Ó final do camiño). Dúas formacións musicais que estrearon escenario o mesmo día, hai tres semanas, e aínda que o de ACHÉ presentou algún problema, a profesionalidade dos compoñentes fixo da dificultade unha simple anécdota. Dúas formacións musicais que teñen tras si un potente grupo de seguidores que as seguen alá onde van. Dúas formacións musicais que combinan o espectáculo coa música e tocan todos os estilos esperables nunha verbena actual.

Dúas formacións musicais para unha festa, das grandes. Bacariza agarda festa rachada con OLYMPUS e ACHÉ.

Festeir@s - 2010- 00057 - Parada (Ordes)

Festeir@s - 2010- 00054 - Parada (Ordes)

Seguidoras da orquestra Olympus con carteis e vestindo a cor característica da banda: o vermello / © fotografía roxegar 2010

Sen comentarios

Deixa unha resposta


*