E seguimos de festa no Barbanza: Leiro

0
171

rianxo-leiro-2009-cartel

Parece que no Barbanza nos resistimos a despedir as festas ata a próxima temporada, pois no Concello de Rianxo a parroquia de Leiro, unha das máis importantes, está de festas. O cartel de catro días ofrece verbenas da man de grupos e orquestras de primeira liña; en total sete formacións musicais.

Venres 9.- O grupo TRIUNFO de Pontevedra será o encargado de poñer música para a verbena. Atención con este grupo que está gustando moito alá onde tocan.

Sábado 10.- Dúas orquestras de primeira liña: CHARLESTON BIG BAND e ORQUESTA TV NORDÉS.

Domingo 11.- Unha orquestra de primeira cun grupo que arrasou esta temporada: CINEMA e CICLÓN.

Luns 12.- Fin de festa da man de doutras dúas orquestras de primeira. Os compoñentes de OLYMPUS, Peke e compañía, veranse ante os membros da que fora noutrora a súa orquestra, a PHILADELPHIA. Fin de festa por todo o alto.

ÚLTIMA HORA (VENRES TARDE): A Comisión de Festas informa sobre un cambio que afecta á actuación de hoxe venres. O grupo ALKAR substitúe a TRIUNFO na primeira verbena de Leiro.

Sen comentarios

Deixa unha resposta


*