O Barco inicia hoxe as súas festas principais ata o mércores

0
530

orquesta-philadelphia-2010-cartelA orquestra Philadelphia actuará no Barco de Valdeorras dentro do programa das Festas do Cristo, en sesión de tarde e noite, o próximo domingo

Son as festas máis importantes do Barco de Valdeorras, O Cristo. Seis xornadas de festa rachada con orquestras e grupos punteiros de Espectáculos Lito.

O Concello do Barco celebra dúas festas anuais, a Santa Rita, no mes de maio, cun programa moito menos ambicioso, e o Cristo, que son as festas principais no concello ourensán e nelas actuarán agrupacións musicais como MASTER, TV NORDÉS, PHILADELPHIA, LA OCA, SINTONÍA DE VIGO e MIRAMAR. Tamén destaca a actuación, esta noite, do grupo LOVE OF LESBIAN.

Ofrecemos o programa completo con todas as actividades festivas e lúdicas ata o mércores 15 de setembro.

Venres 10 setembro

11.oo h. O grupo de gaitas Aires do Sil percorrerá as rúas anunciando o comezo das festas.
20.30 h. Campo de festa, baile amenizado polo grupo MASTER, que prolongará a súa actuación na verbena.
21.00 h. No teatro Lauro Olmo, pregón das festas a cargo de Antonio Mosquera. O acto contará coas actuacións de Orfeón Valdeorrés e da banda de música do Barco.
23.30 h.Na praza Andrés Prada concerto do grupo LOVE OF LESBIAN.

Sábado 11 setembro

11.00 h. O grupo Trenla ofrecerá alboradas e pasarrúas. As charangas Templarios e Ribeiriña encherán coa súa música os lugares máis concorridos e acompañaran a deportistas e afeccionados no descenso do Sil.
11.00 h. Tren infantil en horario de mañá e tarde (de 11 a 13 e de 16 a 18 horas).
17.00 h. Tren fluvial a Sobradelo.
18.00 h. Saída de Sobradelo do XLIV descenso do Sil en piraguas.
19.00 h. Praza Maior IV xuntanza das pandillas do Barco, coa actuación do grupo OS BROTHERS.
20.00 h. Pavillón municipal de Calabagueiros, 2º trofeo futbol sala “Festas do Cristo” Avilés Hollywood-Tres cuñados O Barco. Entrada gratuíta.
20.30 h. Campo de festa coa orquestra TV NORDÉS (tarde e noite).
24.00h. Plaza Andrés de Prada. Concerto grupo WHISKY VIEJO.

Domingo 12 de setembro

11.00 h. Pasarrúas co grupo de gaitas trenla e unha banda de música.
11.00 h. Tren infantil(11 a 13 e de 16 a 18h).
11.00 h. Pavillón calabagueiros, 7º circuíto urbano de ciclismo.
13.00 h. Malecón, concerto de banda de música.
18.00 h. Malecón, XXIV milla urbana do Barco.
18.00 h. Calabagueiros, partido de fútbol C.D. Barco-Ponte Ourense.
19.00 h. Praza Maior, concerto de banda de música.
20.30 h. Praza Andrés de Prada, espectáculo de maxia.
20.30 h. Campo da festa, baile e verbena con PHILADELPHIA.

Luns 13 de setembro

11.00 h.  O grupo Aires do Sil será o encargado de abrir musicalmente a xornada.
16.00 h. Praza do Concello. Parque infantil de xogos, aberto aos máis pequenos durante 4horas.
20.30 h. Campo de festa tarde e noite co grupo LA OCA.
23.00 h. Praza Andrés de Prada, actuación do grupo local SON DO SIL.

Martes 14 de setembro

08.00 h. O madrugón desde a ponte de San Fernando ata o Malecón.
11.00 h. Pasarrúas coa banda de música de Celanova e de gaitas Trenla, acompañada de calantornias e os cabezudos.
12.00 h. Procesion do Cristo dende a igrexa de San Mauro e a continuación misa solemne na Praza Maior.
13.30 h. Malecón, concerto banda de música de Celanova.
16.00 h. Praza do Concello, parque infantil de xogos, gratuíto e aberto ata as 20.00 horas, finalizará coa festa da espuma.
19.00 h. Malecon, concerto da banda de música de Celanova.
20.30 h. Campo da festa,tarde e noite coa orquestra SINTONÍA DE VIGO.
21h00-Praza Andrés de Prada actuación do Ballet Nacional do exercito cosaco.
22.30 h. Tradicional sesión de fogos de artificio.

Mércores 15 de setembro

11.00 h. O grupo Aires do sil ofrecerá alboradas.
20.00 h. Praza Andrés de Prada, inaguración dunha placa na honra do cabaleiro Andrés Prada e concerto de presentación da banda de musica do Barco.
20.30 h. Campo da festa,baile de fin de festa coa orquestra MIRAMAR ata as 23 horas.

Sen comentarios

Deixa unha resposta


*