No Cruceiro están de “festazas”

0
501

charleston-big-band-cartel-20091A orquestra Charleston Big Band de Padrón abre as festas do Cruceiro xunto con Olympus de Negreira

Mañá comezan as festas do Cruceiro, ese barrio de Santiago entrando á cidade pola estrada da Coruña. O cartel de 2009 é impresionante, con algunhas das orquestras máis coñecidas de Galicia. Seis grandes formacións musicais son as encargadas de amenizar unhas das últimas festas en Compostela.

VENRES 25

Dúas das orquestras de entre as consideradas máis importantes de Galicia: OLYMPUS e CHARLESTON BIG BAND.

SÁBADO 26

ALARMA e COSTA OESTE. A primeira, moi mellorada desde que é orquestra e a segunda é unha mestura moi curiosa entre as orquestras de baile tipo Sintonía e as orquestras espectáculo tipo Panorama. Moi recomendables.

DOMINGO 27

Fin de festas coa orquestra FOLIADA, orquestra onde prima a música de baile pero sen esquecer outros estilos encamiñados á xente máis nova, e CICLÓN, grupo que está arrasando esta temporada e onde esta diferenza de estilos está moito máis marcada, sobre todo no segundo pase.

Con este cartel de luxo non é difícil que o persoal se anime a estar no campo da festa do Cruceiro, porque a festa estará garantida os tres días.

afiche-olympus-20091VENRES 25 OLYMPUS E CHARLESTON BIG BAND

orquesta-alarma-2009orquesta-costa-oeste-cartel-2009SÁBADO 26 ALARMA e COSTA OESTE

orquesta-foliada-2009-cartel3grupo-ciclon-2009-cartel1DOMINGO 27 ORQUESTRA FOLIADA e GRUPO CICLÓN

Sen comentarios

Deixa unha resposta


*