A última vez que coincidiron foi nas festas de San Paio, na Estrada, aínda que en prazas diferentes pola dimensión dos escenarios. Hoxe vólvense ver as caras as consideradas dúas mellores orquestras de Galicia: PARÍS DE NOIA e PANORAMA abren xuntas as festas de Negreira.

Negreira 2016 - Festas patronais de San Cristovo - cartel

O cartel das patronais de Negreira non podería empezar de mellor xeito. As consideradas dúas principais orquestras de Galicia actúan esta noite a partir das 23.00 horas na praza principal do concello, dando comezo a tres días de festas onde actuarán outras catro formacións musicais: ACHÉ e FANIA BLANCO SHOW mañá xoves, e os grupos ALKAR e TRIUNFO na noite do venres.

Unha das poucas oportunidades que haberá este verán de poder ver un “duelo” musical entre a PANORAMA e a PARÍS DE NOIA e dous días máis de festas con recoñecidas orquestras e grupos. Valo perder?

Sen comentarios

Deixa unha resposta


*