É unha das atraccións que máis chama a atención nas poucas festas de Galicia onde a podemos ver. Rematadas as festas de Burela e desmontando os aparellos para as seguintes citas, chega a noticia de que non será así para a noria Sánchez, e que esta alongará a súa estancia na localidade pesqueira ata o vindeiro 26 de xuño.

Noria_Sánchez_Burela

A vistosa atracción, unha das máis altas das itinerantes, que xa estivo instalada como nos últimos anos na alameda de Santiago para as festas da Ascensión (no Apóstolo faino normalmente unha irmá súa algo máis pequena) permanecerá en funcionamento ata o domingo 26 cun prezo estipulado de 2,5 €.

A noria non estará este ano no San Xoán de Carballo, onde foi o reclamo principal das atraccións a pasada edición.

Foto: Luis Fanego.

Sen comentarios

Deixa unha resposta


*