Celtas Cortos actuará en Vilalba nas festas de San Ramón

0
372

vilalba-san-ramon-2009-cartelAs festas de San Ramón, as patronais de Vilalba, botan a andar un ano máis. O cartel das festas é extenso en todos os significados da palabra: moitos días de festa (ata o 6 de setembro), moitas actividades lúdicas e unha gran variedade de grupos e orquestras para amenizar case que todas as noites durante máis dunha semana. O prato forte das festas será o concerto de CELTAS CORTOS.

Tamén hai que destacar o V FESTIVAL DE BANDAS DE MÚSICA que será o sábado 5, penúltimo día das festas.

En canto ás outras actividades festivas, á parte da música, hai que destacar un torneo de tenis, exposicións de pintura, certame literario, contos, festa da espuma, festa da bicicleta, etc.

A partir de hoxe e ata o domingo 6 de setembro a festa será a raíña en Vilalba.

PROGRAMA MUSICAL VILALBA 2009

VENRES 28

VILALROCK NA XIRA. Festival rock de Vilalba con grupos como MESKALMA e DEPERFIL

SÁBADO 29

Grupos SAMBA e ATENAS

DOMINGO 30

Orquestra FANIA BLANCO SHOW

LUNS 31

Orquestras OLYMPUS e PARÍS DE NOIA

MARTES 1

Orquestras ABANICO e SINTONÍA DE VIGO

XOVES 3

CONCERTO FOLK

VENRES 4

CELTAS CORTOS + grupo convidado

SÁBADO 5

Orquestra CENIZA e grupo LA OCA

DOMINGO 6

Fin de festa coa orquestra XENTE NOVA

Podes consultar o programa completo das festas de San Ramón en Vilalba

Sen comentarios

Deixa unha resposta


*