Xornada festiva intensa en Ribocias

0
441

Caldas de Reis - Ribocias 2010 - cartelDúas orquestras para unha intensa xornada de festa en Ribocias – San Clemente, no concello de Caldas de Reis

No lugar de Ribocias, en San Clemente, no concello pontevedrés de Caldas de Reis, están hoxe de festas. E só hoxe por que a xornada é única con dúas formacións como CHICAS SHOW e a orquestra rianxeira GRAN PARADA. Para que a festa saia perfecta o campo estará acondicionado cunha carpa climatizada, dado que as temperaturas pola noite xa empezan a ser frescas.

En Ribocias non queren faltar á cita festiva onde honran a Virxe de Fátima e para iso contarán coa actuación dobre ata altas horas da madrugada. Non é para menos, unha única noite de festa, pero intensa, e hai que aproveitala.

Sen comentarios

Deixa unha resposta


*