Nena Daconte nas festas María Pita 2009

0
205

nena-daconte

Comezadas o sábado as festas grandes da Coruña, María Pita 2009, no apartado musical da man de PITINGO, hoxe ten lugar o segundo gran concerto na cidade, esta vez da man de NENA DACONTE que veñen de actuar a pasada fin de semana na Festa do Albariño de Cambados.

No apartado que nos interesa en Festa a Festa, isto é, a música en xeral e as orquestras en particular, hai nesta edición algúns cambios. A baixa importante do presuposto fai que o Concello teña que esforzarse especialmente en ofrecer con menos cartos un cartel das festas interesante, e parece que o consegue só a medias. Hai falta de concertos de grandes estrelas, o cartel do NOROESTE POP ROCK é moi discutible e no apartado das orquestras, faltan algunhas das grandes que xa eran tradición estas últimas edicións pero, como contrapartida, hai máis verbenas nos barrios.

O día 8 terá lugar no Paseo Marítimo unha verbena con tres orquestras. LOS SATÉLITES actuará dentro duns días na Praza de Pablo Iglesias. Na Sagrada Familia e nos Mallos tamén haberá verbena, así como na Praza de Náutica (Praza da Tolerancia). OLYMPUS estará de novo no barrio de Eirís e a Romaría de Santa Margarita terá, coma sempre, a súa orquestra, esta vez da man de MARBELLA LIGHTS SHOW.

Hoxe quedamos coa música de NENA DACONTE na Praza de María Pita en concerto aberto.

Programa completo das Festas María Pita 2009

Sen comentarios

Deixa unha resposta


*