Bo comer e boa música nas festas de Santa Cruz

0
183

grupo-la-oca-2009-cartelO grupo La Oca estará en Santa Cruz o domingo ofrecendo a súa boa música xunto co grupo Bambú. Ademais, esta formación musical está a estrear novo CD estes días

A localidade de Santa Cruz, en Oleiros, está de festas ata o vindeiro martes. Cunha proposta gastronómica moi variada e música de todos os estilos, a parroquia de Santa Cruz arranca con cinco días de festa á beira da praia, en fronte do parque Luis Seoane, en pleno centro da vila.

Hoxe venres terá lugar a primeira xornada, coa Festa do chourizo e da cascarilla e a música do grupo BAMBÚ.

O sábado, segunda xornada de festas, haberá unha churrascada e a música poñeraa a orquestra MONTES de Narón.

O domingo haberá verbena da man dos grupos BAMBÚ e LA OCA. Ademais, LA OCA estrea disco.

O luns será a Festa do polbo e a verbena estará amenizada pola orquestra coruñesa CENIZA.

O último día das festas está programado para unha gran sardiñada e a música da orquestra canaria COMBO DOMINICANO. No descanso haberá unha gran tirada de fogos de artificio como é xa tradicional nas festas de Santa Cruz.

Sen comentarios

Deixa unha resposta


*