Despois do San Xoán, chega o San Pedro

0
388

ordes-meson-do-vento-2010-cartel-pequeno

Numerosas festas do San Xoán esta fin de semana por Galicia, pero a estas hai que lles sumar as primeiras de San Pedro que comezan xa. Lugares como Miño, Mesón do Vento, Vilalonga (Sanxenxo), etc… comezan xa as festas do patrón.

En VILALONGA, lugar onde a piques estiveron de non ter festa, tomaron a cousa en serio a xulgar polo interesante cartel dunhas celebracións que comezan hoxe e por onde pasarán grupos e orquestras como LA OCA e PALLADIUM (que actúan na casa) e a OLYMPUS co seu espectáculo O final do camiño ou a PARÍS DE NOIA. Tamén teñen cabida outras orquestras tipicamente de baile, como a PONTEVEDRA.

En MIÑO tamén comezan hoxe as festas patronais, coa música característica da orquestra COMBO DOMINICANO. A COSTA OESTE cerrará o martes as celebracións.

En MESÓN DO VENTO tamén comezan hoxe coas actuacións de orquestras, aínda que as festas principiaron onte. A orquestra GALILEA, da Estrada, abre lume en terras ordenses, por onde tamén pasarán CINEMA (domingo) e ACHÉ con PANORAMA para cerrar as festas o luns.

E aínda haberá máis festas de San Pedro; moitos lugares optaron por celebrar as festas fóra da fin de semana para respectar o propio día. Seguiremos informando…

sanxenxo-vilalonga-2010-cartel

Sen comentarios

Deixa unha resposta


*