Grupo Triunfo: optimizando medios

0
216

Ofrecemos hoxe en Festa a Festa un vídeo feito para o grupo pontevedrés TRIUNFO pola axencia de publicidade Music Vanog. Nel podemos ver como unha agrupación modesta bota man dos recursos que ten ao seu alcance para ofrecer unha posta en escena esperable nunha formación máis “grande”. Unha aposta por intercalar espectáculo e unha revisión do repertorio fixeron posible un cambio importante na súa tarxeta de presentación: amplo e variado repertorio, espectáculo e posta en escena e incluso participación do público nalgúns temas. Con Ezequiel, Chus e Vanessa na dianteira a diversión, principal razón de ser dunha verbena, está asegurada.

En breve ofreceremos máis vídeos do grupo pontevedrés; nesa ocasión serán vídeos propios de Festa a Festa que estamos editando estes días.

Sen comentarios

Deixa unha resposta


*