Panorama abre este xoves as festas de Arteixo

0
322

orquesta-panorama-2009-cartel4ORQUESTA PANORAMA XOVES 23

orquesta-panama-2009-cartelORQUESTA PANAMÁ VENRES 24

grupo-ciclon-2009-cartel

GRUPO CICLÓN SÁBADO 25

nueva-generacion-2009-cartel1

ORQUESTA NUEVA GENERACIÓN DOMINGO 26

paris-de-noia-2009-cartel

ORQUESTA PARÍS DE NOIA LUNS 27

Coas festas do Burgo (Culleredo) chegan tamén as de Arteixo, as grandes competidoras do Apóstolo na comarca coruñesa. Este ano en Arteixo hai unha importante redución do presuposto para as festas patronais que se nota no programa definitivo, como por exemplo a redución a unha orquestra diaria cando nestas últimas edicións se contaba con dúas para a maioría dos días. Aínda así o programa é atractivo, con formacións musicais moi consolidadas: PANORAMA (xoves 23), PANAMÁ (venres 24), CICLÓN (sábado 25), NUEVA GENERACIÓN (domingo 26) e PARÍS DE NOIA cerrando o 27. A gran sesión de fogos artificias será o domingo.

A comisión de festas non quixo prescindir do xa tradicional concerto do Apóstolo, protagonizado o ano pasado por David Bustamante, e para iso contará con outros dous “ex triunfitos”: Eva Carreras e Raúl.

Charangas como a dos Festicultores, competicións deportivas e outras actividades completan o programa 2009 en Arteixo que podes consultar deseguido:

PROGRAMA COMPLETO FESTAS DO APÓSTOLO 2009 EN ARTEIXO

  • 22 mércores
    • 21:00 h. Final do concurso de Rock 2009 da Deputación da Coruña. e actuación de RIF-RAF (Campo de Festa)
    • 22:30 h. Noite de Cine con “La brújula dorada” (Explanada do Centro Cívico Cultural)
  • 23 xoves
    • 23:30 h. Verbena coa orquestra PANORAMA
  • 24 venres
    • 20:00 h. GOSTOSO PA + ANIMACIÓN ZANCUDA espectáculo de animación circense, musical e zancuda (Avd. do Balneario).
    • 23:00 h. Verbena coa orquestra PANAMÁ
    • 00:30 h. Actuación estelar de EVA CARRERAS e RAÚL
    • Raul

      Eva Carreras

  • 25 sábado
    • Torneo de golf Concello de Arteixo (Hércules club de golf de Larín)
    • Campionato Galego sub 15 masculino e feminino de volei praia. (Praia de Sabón)
    • 13:00 h. Misa solemne na igrexa SANTIAGO APÓSTOLO (Paseo Fluvial) acompañada pola BANDA DE MÚSICA SANTIAGO APÓTOLO DE ARTEIXO e a CORAL POLIFÓNICA DE BETANZOS
    • 16:00 h. X Torneo Internacional de Xadrez Concello de Arteixo – III Memorial Argimiro Penide (Miro) (Centro das novas Tecnoloxías).
    • 17:00 h. XIX Torneo de Chave Santiago Apóstolo (Campo de Terra de Arteixo)
    • 18:00 h. Supercopa de fútbol de peñas (Campo de herba natural)
    • 19:00 h. X Encontro de Bandas con: BANDA DE MÚSICA VILA DE CEDEIRA, BANDA DE MÚSICA MUNICIPAL DE BRIÓN e BANDA DE MÚSICA SANTIAGO DE ARTEIXO
    • 19:00 h. OS FESTICULTORES, pasarrúas do Exército Gherrilleiro das Festas Armadas.
    • 23:00 h.Verbena coa orquestra CICLÓN e a discoteca móbil ESPACE MUSIC
  • 26 domingo
    • 10:00 II Exposición e excursión de moto clásica Concello de Arteixo (Paseo Fluvial)
    • 13:00 h. Misa do Sacramento na igrexa na SANTIAGO APÓSTOLO (Paseo Fluvial) acompañada pola BANDA DE MÚSICA SANTIAGO APÓTOLO DE ARTEIXO
    • 19:00 h. TROULA ANIMACIÓN con “A invasión pirata”, pasarrúas itinerante cunha explosión de batuca, pirotecnia, lume, confeti, risas e participación do público
    • 23:00 h.Verbena coa orquestra NUEVA GENERACIÓN
    • 00:30 h. Gran sesión de FOGOS DE ARTIFICIO
  • 27 luns
    • 13:00 h. Misa na igrexa SANTA EUFEMIA (Alto de Arteixo) acompañada pola BANDA DE GAITAS CATA ALMIBRE
    • 22:30 h. Verbena coa orquestra PARÍS DE NOIA

Sen comentarios

Deixa unha resposta


*